A xunta de goberno local aproba a certificación da sinalización dos lugares e parroquias, malia os erros detectados

adminON
Lectura mínima de 2


Isto non é nada novo, é a norma dun goberno municipal do PP que non fai obras, fai chapuzas, cuxas consecuencias pagamos todos e todas as veciñas


Desde o BNG da Estrada xa advertimos en máis dunha ocasión dos fallos que había na sinalización dos lugares e parroquias iniciado polo goberno municipal en 2023. Sinais mal colocadas, erros nos topónimos, falta de sinais en lugares que teñen dous accesos, etc.

Pois a pesar dos avisos, advertencias, rogos … que fixemos desde o BNG, o goberno municipal do PP aprobou o 15 de setembro en comisión de goberno a certificación desta obra, o que quere dicir que se vai pagar á empresa contratada sen que se solucionaran os problemas detectados.

Isto, por desgraza, non é nada novo, é a norma dun goberno municipal do PP que non fai obras, fai chapuzas cuxas consecuencias pagamos todos os veciños e veciñas. Pasa agora cos sinais das parroquias e lugares, mais pasou tamén coas pantallas que dan conta da ocupación dos aparcadoiros públicos ou coa reforma da praza de abastos, que inauguraron a todo correr aínda sen rematar as obras, por citar algúns exemplos.

Desde o BNG entendemos que este xeito de gobernar do PP non é o axeitado. Presumen de bos xestores, mais o que son é uns bos chapuceiros.

Comparte este artigo