A inscrición será o xoves 15 de maio a partir das 9 horas para maiores de 65 anos (excursión o día 20 de maio) e a partir das 15:00 horas para os menores de esa idade (excursión o 24 de maio)
O Concello de Nigrán ofrecerá unha nova oportunidade para percorrer o río Douro en tren despois do éxito das excursións realizadas o ano pasado. Así, abre o prazo para a inscrición o xoves 15 de maio na Oficina de Información Cidadá do Concello a partir das 9:00 horas para maiores de 65 anos (excursión o 20 de maio cun prezo de 34,75 €) e a partir das 15:00 horas para os menores de esa idade (excursión o 24 de maio cun prezo de 36,65 €). Terán prioridade os empadroados no Concello e o pago será exclusivamente con tarxeta. O prezo inclúe transporte en autobús (sufragado polo Concello), viaxe en tren, almorzo e entrada ao museo do Douro.
Ambas saídas serán desde Nigrán ás 7h30 con dirección Pocinho para iniciar desde aí unha viaxe en tren polo icónico Roteiro do Douro, podendo contemplar os viñedos e marxes do río ata a cidade de Peso de Régua. Alí terá lugar a comida para pola tarde finalizar a excursión cunha visita ao Museo do Douro.