A Xunta Directiva Local do Partido Popular de Ponteareas convoca o XI Congreso Local

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta Directiva Local do Partido Popular de Ponteareas celebrou onte unha reunión na que se acordou a convocatoria do XI Congreso Local, que terá lugar o vindeiro 2 de novembro na sala multiusos do Auditorio Municipal.

No transcurso da reunión anunciouse a candidatura da actual alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, quen concorrerá como aspirante a liderar o partido a nivel local. Segundo o regulamento do Partido Popular, a candidata dispón dun prazo de 10 días para presentar un mínimo de 60 avais que avalen a súa candidatura.

Ademais, procedeuse a nomear aos membros do Comité Organizador do Congreso Local, que estará formado por:

  • Presidente: Juan Carlos Ojea Vidal
  • Secretaria: Silvia Fernández Táboas
  • Vogal: Francisco Jesús Represas Carrera
  • Vogal: Rafael Martínez Pazos

O congreso enmárcase no proceso de renovación orgánica do Partido Popular en Ponteareas, co obxectivo de reforzar a estrutura municipal, consolidar o proxecto político e abrir unha nova etapa de traballo ao servizo dos veciños e veciñas da vila.

A cita reunirá a afiliados e simpatizantes, que terán a oportunidade de participar neste proceso democrático e contribuír á definición da folla de ruta do partido para os vindeiros anos.

Comparte este artigo