HomeTabeirósA EstradaA Xunta suprime a coidadora dunha alumna cunha discapacidade recoñecida do 65%

A Xunta suprime a coidadora dunha alumna cunha discapacidade recoñecida do 65%

- Anuncio -spot_img

O BNG reúnese coa nai para levar este problema ao Parlamento
Na xuntanza, onde se achegaron integrantes do grupo municipal e outros membros do BNG local, acompañados pola deputada nacionalista Ariadna Fernández, tratouse o caso dunha alumna do IES García Barros de A Estrada, que fica sen coidadora a pesares de precisala para o desenvolvemento da súa vida diaria no centro.

Os recortes en cuestión de educación que inzan o país non son alleos á comarca de Deza-Tabeirós e Terra de Montes, suprimindo nos centros, por exemplo, servizos necesarios para a correcta atención dos alumnos con necesidades especiais. É o caso dunha alumna da Estrada que, cunha discapacidade recoñecida dun 65% non dispón de apoio durante a xornada lectiva, coma tivo no seu CEIP de procedencia durante a súa etapa educativa anterior, feito que a favoreceu moito no seu correcto desenvolvemento.

A familia, coa que a Consellería de Educación non contactou por ningunha das canles posibles, asegura que “loitará sen descanso para que a súa filla sexa atendida segundo as necesidades” e no seu contacto co grupo nacionalista amosouse de acordo coa proposta de continuar a traballar man a man para resolver esta eiva. O portavoz municipal aclara que “este caso podería afectar a calquera alumno ou alumna da Estrada e non podemos quedar á marxe cando o que se está é a traballar en contra da inclusión e a integración, cando están en xogo os dereitos de nenos nenas e adolescentes”.

Así mesmo, Fernández adianta “continuaremos co seguimento deste caso, traballando a través de sendas iniciativas parlamentares que soliciten que se dote deste servizo ao IES García Barros, para que tanto os docentes, que recoñecen que é preciso que unha coidadora atenda á alumna en cuestión, coma a propia afectada e a súa familia poidan desenvolver sen problemas a súa vida tanto dentro do centro de estudos coma fóra del.”

Publicacións Relacionadas