HomeVigoNigránABANCA, Afundación e o Concello de Nigrán presentan a exposición de rúa...

ABANCA, Afundación e o Concello de Nigrán presentan a exposición de rúa «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación»

- Anuncio -spot_img

I A inauguración tivo lugar esta mañá no Paseo de Panxón, onde permanecerá ata o 20 de xullo

I Esta mostra forma parte do programa «Corrente cultural», que propicia a colaboración entre os concellos galegos, ABANCA e Afundación

O Concello de Nigrán, ABANCA e Afundación presentaron a nova exposición do proxecto «Corrente cultural», a mostra de rúa «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación». O acto de inauguración tivo lugar esta mañá no Paseo de Panxón e contou coa asistencia do alcalde do Concello de Nigrán, Juan González; o coordinador institucional de ABANCA en Pontevedra, José Luís Romero; o director da oficina de ABANCA en Nigrán, Iago Fernández; e a responsable da Área Educativa de Afundación, Carmen Pérez. A mostra poderase visitar no Paseo de Panxón ata o vindeiro 20 de xullo.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

A EXPOSICIÓN «ROSTRAS DAS COLECCIÓNS DE ABANCA E AFUNDACIÓN»

Considérase retrato a imaxe dunha persoa reproducida en pintura, escultura, debuxo ou fotografía que describe a aparencia e o carácter do individuo representado. Ao longo da historia da arte, o retrato foi un dos xéneros de maior prestixio, cuxo interese radica en que non só se trata dunha representación figurativa, senón que tamén nos fala das diferentes épocas históricas, os seus códigos e os seus sinais de identidade. Hoxe en día, as imaxes de rostros enchen as nosas pantallas, desde as redes sociais ata as campañas publicitarias, e reflicten a nosa sociedade globalizada e conectada. As autofotos da era dixital democratizan a arte do autorretrato xogando un importante papel na construción de identidades persoais e colectivas.

Esta mostra invita a explorar as diferentes e fascinantes interpretacións que os artistas realizaron (e realizan) deste xénero, a mergullarnos nas lembranzas das xentes que evocan, nas sensacións que transmiten e nas novas fórmulas que foron introducindo desde finais do século XIX ata os nosos días, ao compás dos movementos artísticos que se van sucedendo.

Unha selección de obras nacidas en Galicia permítennos descubrir a utilización do retrato como ferramenta de comunicación para transmitir sensacións, emocións, denuncias ou mensaxes que chegan a nós a través dos rostros da coleccións de arte ABANCA e Afundación, e que, sobre todo, capturan a esencia da humanidade para conectar as persoas a través do tempo e do espazo.

Publicacións Relacionadas