Free Porn
xbporn
Home Vigo O Porriño Os maiores de 55 anos poderán aprender a bordar e Torneiros

Os maiores de 55 anos poderán aprender a bordar e Torneiros

- Anuncio -
  • O Centro de Día de Torneiros organiza esta actividade gratuíta dentro do seu Programa de Evellecemento Activo

O Centro de Día de Torneiros ofrece de forma gratuíta un curso de técnicas de bordado para maiores de 55 anos, dentro do Programa de Envellecemento Activo co que pretenden difundir a súa labor e facerse visibles na sociedade. O Centro Cultural Alba albergará esta actividade, que terá lugar unha hora á semana durante cinco meses.

Os participantes, ademais de aprender ou perfeccionar o bordado, obteñen unha serie de beneficios: unha razón para saír de casa e socializar, evitando así a soedade non desexada; e a prevención do envellecemento o facer unha actividade que estimula distintas partes do sistema nervioso e motriz.

O Centro Cultural Alba é o lugar idóneo para esta actividade, tanto polas instalacións, como polo espazo natural, ademais de poder disfrutar da cafetería que Lume ten no Centro. O curso levarase a cabo os mércores ás 16 horas, e empezará nas próximas semanas, con parada vacacional nos meses de xullo e agosto.

Sonia Leiro, Educadora Social do Centro de Día, é a persoa que impartirá o curso de bordado, que “será un lugar de encontro e creará lazos entre a veciñanza a través do bordado e a costura creativa”, explica. “Os/as participantes comprobarán que cunha puntada que todo o mundo sabe facer, pódense crear obras moi elaboradas e moi bonitas”, engade Leiro.

“Dende o Concello, animamos aos veciños/as a participar nas diversas actividades que favorecen a vida social nas parroquias e melloran a vida social e a saúde dos nosos maiores”, conclúe Teresa Veloso, concelleira de Política Social.

O prazo de inscripción está xa aberto e as persoas interesadas pódense anotar por teléfono no número 986 331 750, ou enviando un correo electrónico a otorrino.consorcio@igualdadebenestar.org .

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas