Abanca organiza en Salvaterra de Miño un curso sobre o uso fácil e seguro dos caixeiros automáticos dentro do seu programa de Educación Financieira

Redacción
Lectura mínima de 1

O vindeiro 12 de marzo ás 10:30 horas, ABANCA celebrará no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño un curso formativo sobre o uso fácil e seguro dos caixeiros automáticos, unha iniciativa que se enmarca no Programa de Educación Financeira da entidade.

Durante a sesión, os participantes aprenderán de maneira práctica como utilizar os caixeiros automáticos e coñecerán recomendacións clave para realizar operacións con seguridade, así como consellos útiles para a prevención de fraudes e para reforzar a ciberseguridade nas súas xestións financeiras.

A formación ofrecerá unha visión completa do funcionamento dun caixeiro automático, explicando paso a paso cales son as operacións máis habituais que se poden realizar, como retiradas de efectivo, consultas de saldo ou outras xestións básicas. Ademais, os asistentes poderán comprobar o sinxelo que resulta realizar estas operacións a través dunha demostración práctica guiada polos formadores.

O obxectivo desta actividade é achegar os servizos financeiros á cidadanía e facilitar que todas as persoas poidan utilizar as ferramentas bancarias con confianza, autonomía e seguridade.

As persoas interesadas poden inscribirse no 617189167 ou no departamento de Cultura do Concello.

Comparte este artigo