HomePontevedraAberto o prazo para inscribirse no curso de monitor de tempo libre...

Aberto o prazo para inscribirse no curso de monitor de tempo libre en Paredes

- Anuncio -spot_img

A iniciativa formativa contará con 200 horas lectivas e 150 horas de prácticas

 O prazo para inscribirse no curso oficial de monitor de actividades de tempo libre que se vai impartir na Casa de Cultura de Paredes permanece aberto ata o día 16 deste mes de maio e ten un coste reducido para as persoas empadroadas en Vilaboa de 280 euros.

Esta proposta formativa denvolverase en formato de fins de semana, impartido por Avada S. Coop. e a ETL Scolé cunha formación mixta que combina a docencia presencial e en liña. Trátase dun curso de 200 horas, das que 125 serán presenciais repartidas en cinco fins de semana e outras 75 horas telemáticas, e cunha fase de
prácticas de 150 horas, a realizar unha vez rematada a parte teórica.

Os días de docencia presencial son o 23, 24, 25, 30 e 31 de maio e 1, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 27, 28 e 29 de xuño mentras que as datas da formación en liña comprenden dende o 26 de maio ata o 23 de xuño de 2025.


O alumnado que remate o curso obterá o título oficial de monitor/a de Actividades de
Tempo Libre e estará formado para dirixir grupos de persoas menores ou maiores
e dinamizar, coidar, entreter e sobre todo educar mediante as súas accións. O Concello de Vilaboa, promotor desta actividade de formación, anima ás persoas interesadas en ampliar as súas opcións no mercado laboral a realizar este curso debido a alta demanda de profesionais cualificados en diferentes sectores.

 
Este curso é requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións,
granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros
socioculturais, establecementos turísticos, etc


A ligazón de inscrición está dispoñible na web www.avada.gal

Publicacións Relacionadas