Despois do éxito da pasada edición con preto de 100 participantes, o Concello de Salvaterra de Miño levará cabo un ano máis Salvaterra no Camiño!
Se no 2024 realizouse o trazado Francés nesta ocasión será o Camiño Portugués o elexido. O prazo de inscrición xa está aberto a través do seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeEj1pvG3Frqxmuy4- ZBjW0W1wvEkPqCHyUo9BkPs8uslMdIw/viewform
O Camiño Portugués terá saída en Tui ou Porriño, segundo elección de cada peregrino, e rematará en Santiago de Compostela. Un total de 5 etapas que percorrerán por Tui ou Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e Santiago de Compostela.
O camiño comezará o mércores 16 de abril con saída dende o Concello de Salvaterra de Miño ás 08:00 horas e rematará o domingo 20 de abril, datas que coinciden coa Semana Santa.
O Concello de Salvaterra de Miño organiza o transporte, traslado de mochilas entre albergues e aloxamento para todos os participantes. O custo por peregrino é de 80 euros.
Animádevos a participar!