Home Vigo Fornelos de Montes Adiado o escape room de Fornelos de Montes por causas meteorolóxicas

Adiado o escape room de Fornelos de Montes por causas meteorolóxicas

- Anuncio -

Trasládase ao domingo 28 de xullo ás 18.00 horas

Por causas meteorolóxicas o escape room de Fornelos de Montes adiarase ao domingo 28 de xullo ás 18.00 horas. As persoas xa inscritas nesta actividade non deben volver a rexistrarse.

‘Eureka Reto Rural’ sorprenderá ás e aos participantes con este novo desafío en Fornelos de Montes, unha xornada chea de probas, enigmas  e retos para coñecer un pouco máis a historia e o patrimonio da vila e achegarse á tradicional Festa da Chanfaina e da Carne do Suído. O escape room partirá ás 18.00 horas do Centro Multiusos, na zona axardinada na rúa das Escolas número 4, para desfrutar dunha ruta circular de dificultade moderada.

As persoas que desexen participar deberáninscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

O equipo gañador do escape room de Fornelos de Montes poderá desfrutar dun paseo en barco polo río Miño dende Tui, cun pequeno aperitivo ou merenda e comida ou cea con degustación no restaurante Beldade para seis persoas. Ademais, o Concello sorteará dous vales cun importe de 75 euros cada un para gastar na Carnicería Gregorio e na Carnicería Albino e poder así desfrutar dos produtos cárnicos da contorna.

Toda a información pormenorizada das actividades, con horario e puntos de encontro están dispoñibles na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas