- A asociación ecoloxista fundouse na Guarda en 1985
Este sábado 4 de outubro, ANABAM, a Asociación Naturalista Baixo Miño, celebra o seu 40º aniversario. Para isto, haberá un acto no Centro Cultural ás 19:00h no que se contará coa actuación das invitadas de Cuerdas Atlánticas.
Con esta actuación de música en directo, a asociación celebra os seus 40 anos, desde 1985, o seu traballo de estudo, conservación, protección e divulgación do patrimonio natural do Baixo Miño.

