Arbo adhírese á rede “Parques sen Fume”

adminON
Lectura mínima de 3

• O Concello de Arbo, é o primeiro Concello da Comarca Paradanta en acollerse a esta Rede .

• Con esta iniciativa, que leva a cabo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o executivo arbense persegue o obxectivo de “crear espazos públicos libres de tabaco na Vila de Arbo”

O Concello de Arbo, adhirese á inciativa “Parque sen Fume”, declarando a Area Recreativa de San Antonio como o primeiro espazo verde libre de fume na Vila.

A creación de espazos sen fume ao aire libre e a súa extensión a diferentes ámbitos, ten un fin educativo e de sensibilización social. Ampliar a limitación do consumo a lugares que non están recollidos na normativa actual, fainos avanza e cambiar a percepción social sobre o tabaco, co obxetivo de converter estes contornos educativos e preventivos.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que “será o primeiro parque de Arbo, que pase a formar parte da rede galega de parques sen fume e que Arbo e o primer Concello da Comarca Paradanta en acollerse a esta iniciativa e o oitavo de toda a provincia de Pontevedra”.

O Area Recreativa de San Antonio, é un lugar privilexiado para pasar un día en familia, esta situado, no barrio da Estación, nun lateral asollado e con zonas de sombra na estrada PO-405, que une Arbo co municipio portugués de Melgaço, cruzando sobre o río Miño. O espazo alberga sendas de paseo, unha zona de merendero, con mesas e bancos para comer e un parque infantil moi interesante, con casiñas de xogos, tobogáns, randeeiras e estruturas para rubir.

Nos 3.000 metros cadrados deste espazo recreativo albergase tamén unha zona biosaudable con recente equipamento deportivo, un estanque con patos e a Capela de San Antonio

O obxetivo de esta iniciativa é promocionar unha vida sin tabaco, desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico positivo dos país e nais, e promover entornos que respeten y cuiden el medio ambiente – remata o rexedor Horacio Gil.

Comparte este artigo