Home Pontevedra A Paradanta Arbo contará co primeiro Belén Municipal

Arbo contará co primeiro Belén Municipal

- Anuncio -

• O primeiro Belén de Nadal de Arbo, con máis de 100 figuras poderase visitar na Praza do Mercado.


• A inauguración esta prevista para o sábado día 7 ás 12:30horas.

Arbo deu un paso máis na preservación da súa a historia coa creación do seu primeiro belén municipal. A obra, que pode visitarse na Praza do Mercado de Martes a Sábado en horario de 8 a 14:00horas ou con cita previa para grupos chamando ao teléfono 630 07 05 14 (Loli .- Concelleira de Comercio e Participación Cidadá), consta de máis de 100 pezas.
A creación e deseño está a cargo do Vecino da parroquia de Sela (Arbo), Jose Mariño, que desde hai anos foi adquirindo pezas para o seu Belen persoal, que todos os anos armaba no garaxe de sú casa, chegando a gañar o Primeiro Premio do Concurso de Decoración de Nadal organizado polo Concello de Arbo.

Trátase do primeiro Belén Municipal, tal e como explicou o alcalde do Concello, Horacio Gil, que se instala na localidade, “xa que nunca antes viuse en Arbo un Belén Municipal de semellante magnitude. Noutras ocasións tivemos algún Nacemento ou algún Misterio determinado, pero nesta ocasión quedarán representados a maioría das pasaxes máis significativos do Nadal”. Así, Horacio Gil, detallou que neste Belén pódense atopar máis de 100 figuras e representacións.

O acto inaugural do Belén Muncipal terá lugar o vindeiro sábado día 7 de decembro ás 12:30h, e contará coa presenza do alcalde e outros membros do goberno local e consagrará o belén nunha cerimonia na que enxalzara o valor cultural arbense e tradicional da obra.

O belén forma parte das actividades do Nadal organizadas polo Concello de Arbo, dentro da programación cultural 2024/2025, e dende o Consistorio animan aos veciños e veciñas arvenses así como aos da comarca a visitar esta mostra artesanal e tradional.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas