Arrancan as obras para rehabilitar o firme da estrada de acceso a Arealonga, cunha inversión de máis de 46.000€

Redacción

A empresa Tuatean iniciou esta semana os traballos, que se financian co Plan Camiña Rural da Xunta e que permitirá mellorar íntegramente

O mantemento das vías rurais é unha das prioridades de inversión nas parroquias que ten o Concello de Marín, debido á importancia que teñen estas infraestruturas de tráfico para vertebrar o territorio e dar servizos de mobilidade á veciñanza dos núcleos.

Dentro das prioridades do Concello, está a mellora integral da estrada que dá acceso a Arealonga, na parroquia de San Xulián, onde a empresa Tuatean, adxudicataria das obras, acaba de empezar cos traballos.

Levarase a cabo a rehabilitación e ampliación do firme e a mellora do drenaxe da plataforma da vía, que ata agora está afectada por infiltracións tanto do talud como de escorrentías das parcelas colindantes, o que foi deteriorando cada vez máis a estrutura. Renovaranse todas as capas de rodadura e trataranse de aproveitar ao máximo os sobrenachos.

Ademais, renovarase tamén a sinalización horizontal mediante o pintado de marcas de seguridade e a sinalización vertical.

Búscase tamén que esta vía, agora infrautilizada pola seu mal estado, sexa unha alternativa segura e funcional para o acceso ao núcleo de Arealonga desde a Variante VG 4.4 e desde a estrada EP-0019 Figueirido-Marín.

Esta actuación supón unha inversión de 46.246 euros, con cargo ao Plan Camiña Rural da Xunta de Galicia.

Comparte este artigo