Home Pontevedra Arredor de 140 persoas participaron na primeira edición do Campionato de cartas...

Arredor de 140 persoas participaron na primeira edición do Campionato de cartas “Cidade de Pontevedra” de Benestar Social

- Anuncio -

Os xogos estrela da competición foron: a brisca, na que se anotou o 37,41% dos inscritos e a brisca, que agrupou ao 30,21%


A xogadora máis veterana – Mucha, de 93 anos— acadou, con Lolita de parella, o 1º premio do campionato de brisca para Mourente-Cons


A final de chinchón puxo esta mañá o ramo ao I Campionato de Cartas “Cidade de Pontevedra” que se desenvolveu durante a fin de semana no Pazo da Cultura. Onte foi a quenda das finais dos xogos por parella: brisca, tute e escoba.


A concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías, entregou hoxe os premios aos gañadores do chinchón (individual): o 1º premio foi para o representante da parroquia de Tomeza, Jesús, e o 2º quedou nas mans de Fina, xogadora de Cerponzóns.


A competición promovida pola Concellería de Benestar Social, e a cargo de Risotadas-Risoterapia, convocou na súa primeira edición a 139 xogadoras e xogadores, dunha ducia de parroquias e barrios da capital do Lérez: Bora, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve, Centro Sur, Mourente-Cons, Monte Porreiro, A Parda, Tomeza, Salcedo, Cerponzóns e Canicouva. Dos participantes: 79 foron mulleres (o 56,8%) e 60 homes (43,1).


Foron os xogos por parellas os que acadaron maior participación coa brisca e o tute á cabeza do ránking. O 37,41% dos inscritos competiron na brisca, 52 en termos absolutos: 37 mulleres e 15 homes-; e ata un 30,21% elixiu o tute: 42 persoas, 21 mulleres e outros tantos varóns.
A xogadora máis veterana foi Mucha, unha veciña de Mourente-Cons, de 93 anos, quen recolleu, coa súa parella, Lolita, o primeiro premio de brisca.


Anabel Gulías tomou a remuda da concelleira de Medio Rural, María Xosé Abilleira, que foi a encargada onte da entrega dos premios de tute, brisca e escoba (parellas) que foron para:
Tute. 1º premio para a parella de Canicouva ( Luís e José Benito). 2º premio, para a de Santo André de Xeve (Manuel e José)
Brisca. 1º premio para a parella de Mourente-Cons (Mucha e Lolita) e 2º premio para outra parella da mesma parroquia (Fina e Marga).
Escoba. 1º premio para a parella de Salcedo (Marina e Lidia) e 2º premio para a de Bora (Laura e Marcos).
O Campionato de Cartas “Cidade de Pontevedra” forma parte do programa de actividades a prol do envellecemento activo e a dinamización social das parroquias e barrios que impulsa a Concellería de Benestar Social e nace con vontade de continuidade. Nas distintas eliminatorias, os participantes tiveron que pór enriba da mesa destrezas como a atención, memoria, estratexia, interpretación da linguaxe non verbal, astucia, etc..

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela” onde, ademais, asistiu...

A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de limpeza e roza nas marxes da...

0
― Ademais, proseguirase con estas tarefas noutras 7 vías autonómicas, no seus percorridos polos municipios de Crecente, Moaña, Cangas, Teo, Narón, San Sadurniño, O...

Domínguez esixe que se termine o paseo peonil entre Pontevedra e Marín

0
• O pacto de investidura de Pedro Sánchez incluía desbloquear a segunda fase das obras, pero “o PSOE desdeñou o proxecto coa complicidade absoluta...

Baiona premio Quality Coast Gold Award

0
Baiona recibe novamente o premio Qualtiy Coast Gold Award que recoñece o seu labor en prol da xestión sostible do municipio.Este recoñecemento, por parte...

A Deputación destina 525.000 euros para 51 clubs deportivos de Vigo e do sur...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 1.000 e 25.000 euros e permitirán subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina 140.000 euros a 12 clubs deportivos da contorna de Pontevedra que...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.000 e 30.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións e...

Publicacións Relacionadas