O Concello de As Neves repartíu máis de 112.000 euros en axudas a asociacións do municipio no exercicio 2025

adminON
Lectura mínima de 2

As subvencións nominativas ascenderon a 77.310,02 euros e as axudas outorgadas por concorrencia competitiva sumaron un total de 34.885,29 euros, beneficiando a 19 entidades deportivas, culturais, veciñais, sociais, extraescolares e comunidades de augas

O Concello de As Neves conclúe o ano 2025 facendo un balance económico moi positivo no apartado de axudas e subvencións. No exercicio que hoxe remata, o goberno local repartíu un total de 112.195,31 euros entre un total de 19 asociacións deportivas, culturais, veciñais, sociais, extraescolares e comunidades de augas, o que supón unha ampla representación do total da veciñanza da vila.

O equipo de goberno repartíu os fondos de referencia nos capítulos económicos de subvencións nominativas, cun importe total de 77.310,02 euros, e de subvencións por concorrencia competitiva, destinando un total de 34.885,29 euros.

O desglose completo das dúas partidas é o seguinte:

SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS BANDA DE MÚSICA DE RUBIÓS 50.810,02 €
ASOC. CULTURAL DEPORTIVA SAN NOMEDIO 2.500,00 €
ASOC. CULTURAL A LIÑEIRA 7.000,00 €
AS NEVES FÚTBOL CLUB 7.500,00 €
CLUB BADMINTON AS NEVES 6.000,00 €
CLUB CORNELIOS 3.500,00 €
TOTAL 77.310,02 €
SUBVENCIÓNS POR CONCORRENCIA COMPETITIVA ASOC. FESTAS Sª MARTA DE RIBARTEME 2.682,86 €
ASOC. CULTURAL UNITARIA DE VIDE 1.848,20 €
ASOC. MULLERES RURAIS 3.000,00 €
EFA A CANCELA 3.000,00 €
CENTRO CULTURAL SAN MAMED 703,60 €
COM. USUARIOS SANTIAGO DE RIBARTEME 4.295,50 €
FÚTBOL SALA AS NEVES 1.500,00 €
COM. AUGAS 3C 3.706,09 €
ANPA EIRA DA LIÑAZA 3.000,00 €
COM. USUARIOS TABOEXA NORTE 3.706,09 €
ASOC. CULTURA SAN XOÁN DE CERDEIRA 500,00 €
COM. USUARIOS TORTOREOS LIÑARES 4.942,95 €
FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA 2.000,00 €
TOTAL 34.885,29 €

O Concello quere agradecer e poñer en valor o intenso traballo desinteresado durante todo o ano de todas estas asociacións para o desenvolvemento e promoción do municipio.

Comparte este artigo