HomePontevedraBaixo MiñoAs actividades do Setembro Xudeu continúan este xoves proxección de “Sefarad”

As actividades do Setembro Xudeu continúan este xoves proxección de “Sefarad”

- Anuncio -spot_img

Este xoves, 11 de setembro, terá lugar a proxección da película portuguesa “Sefarad” dirixida en 2019 polo cineasta portugués Luis Ismael. Esta proxección comeza ás 20 h no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.

A película que abrangue un lapso temporal de varios séculos reconstrúe a historia da comunidade xudía de Porto, centrándose na figura de Artur Carlos de Barros Bastos, capitán do exército portugués, que nas primeiras décadas do século XX ao descubrir as súas raíces xudías pon todo o seu empeño en volver a reunir aos criptoxudeus portugueses que mantiveran, ao longo dos séculos, a súa identidade e rituais tras o edito de expulsión ou conversión forzada de 1496. Posteriormente o capitán Barros Bastos foi acusado falsamente de diversos delitos, sendo destituído exército, nun paralelo portugués ao “affaire Dreyffus” de Francia. O filme documenta e recupera unha historia épica sobre esperanza, fe e humanidade.

Luis Ismael (1971) é un dos principais directores de cine de Portugal, con obras como a triloxía “Balas e Bolinhos”, que nos tres filmes, con gran éxito de espectadores, replica a películas como “Trainspotting”, “Pulp Fiction” ou “Kill Bill”; en 2021 estreou o filme “1618”, sendo o filme portugués máis premiado de sempre.

Para a concelleira de turismo e patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, esta proxección que se realiza en colaboración co “Cine Club Tui” amplía a oferta de actividades que promove o Concello de Tui no seu programa do “Setembro xudeu” incorporando a cinematografía. Neste caso cunha película que nos achega a coñecemento do proceso de recuperación da memoria dos xudeus portugueses realizada no pasado século.

Publicacións Relacionadas