Este mércores 30 de abril, o edificio da antiga Comandancia marítima de Baiona albergou a inauguración da exposición de modelismo naval que conxuntamente realizan o Concello de Baiona e a Asociación Galega de modelismo naval (Amonaga).
Más dun centenar de maquetas que van desde as distintas embarcacións tradicionais das rías galegas, o famosos vapor tipo Vigo, o Hidria e Rías Baixas, barco farero do porto de Vigo, a fragata Venus ou as 3 carabelas do descubrimento do novo mundo, entre moitas outras maquetas. Sen ningunha dúbida, unha gran oportunidade para que a imaxinación transpórtenos a navegar a través da mostra.
Entre os asistentes, ademais do alcalde Jesús Vázquez Almuiña, o Concelleiro do Mar, Joaquín López e outros concelleiros, tamén se atopaban o Capitán Marítimo de Vigo Manuel Ángel García, o Comandante naval de Vigo, Antonio Couce, o presidente de AMONAGA, Jose Antonio Álvarez.
A mostra poderase visitar ata o día 15 de maio en horario de 10:30 a 13:00H e de 16:30 a 19:00H.