As elaboracións do Obradoiro de Emprego de Pesca serán doadas ao Comedor Social

adminON
Lectura mínima de 2

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou recentemente as prácticas de fileteado de peixe que se están a desenvolver no Espazo Emprendedor 

A pasada semana deron comezo as prácticas do Obradoiro Dual de Emprego no Espazo Emprendedor de Marín, aproveitando as súas cociñas para impartir as modalidades de Pesca e Acuicultura. 

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, realizou unha visita ás instalacións onde se están a realizar estas elaboracións, observando de primeira man como están a desenvolver os preparados do peixe e anunciou a parte solidaria que terá este programa, xa que as elaboracións que se fagan durante as prácticas serán doadas ao Comedor Social. 

Coa realización deste Obradoiro os alumnos e alumnas formaranse nos certificados oficiais de Pesca e Elaboración de Produto da Pesca e Acuicultura, no que se están formando neste momento, así como de Industrias de Produtos da Pesca e Acuicultura, que terán comezo en xuño. 

Por outro lado, as alumnas-traballadoras da especialidade de Atención Sociosanitaria, que se formarán nos certificados de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, dará comezo en xuño no Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Marín. 

Este mes de abril as alumnas desta especialidade comezaron a recibir visitas de empresas que xestionan este servizo, como Galáurea e Idades.

Comparte este artigo