O Concello do Porriño presentou esta mañá, ao carón da Capela de San Bieito, a programación das Festas de San Bieito 2025, que se celebrarán os días 10 e 11 de xullo, cun cartel que combina novidades, tradición, música e actividades para todas as idades.
O acto contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo; o concelleiro de Cultura, Festas e Novas Tecnoloxías, Bienvenido Estévez; a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián e representantes do Mano de Santo DJ Festival, que se consolidan nestas festas.
Durante a presentación, resaltouse o espírito participativo das festas, que volven ser un punto de encontro da veciñanza porriñesa e unha cita obrigatoria do verán. Alejandro Lorenzo animou a todos os asistentes “a desfrutar dunhas festas no barrio de San Bieito que combinan o mellor da nosa tradición co espírito alegre e familiar que caracteriza ao Porriño”.
Programación:
Xoves, 10 de xullo:
- A partir das 21:30 h:
◦ Orquestra Gran Parada
◦ Mano de Santo DJ Festival
Venres, 11 de xullo: - Ás 9:00 h: Misa na Capela de San Bieito
- A partir das 12:00 h:
◦ Misa solemne na Igrexa de Santa María, coa Coral de Música da E.M.M
◦ Procesión, acompañada pola Banda de Música da E.M.M
◦ Ao rematar a procesión, terá lugar a tradicional puxa benéfica do racimo de uvas do Santo, que este ano destinará o recaudado a AECC do Porriño. O Concello renderalle unha homenaxe a veciños de San Benito e San Sebastián. - A partir das 12:00 h: Concerto da Banda de Música da Escola Municipal de Música
- Ás 19:30 h: Actuación de Os Zoqueiros
- Ás 20:00 h: Misa vespertina na Igrexa de Santa María
- A partir das 21:30 h:
◦ Orquestra Los Player’s
◦ Concerto de Roi Casal
Ademais, dende o día 2 de xullo hai novenas ás 9:00 h na Capela de San Bieito e ás 20:00 h na Igrexa de Santa María. - O Concello do Porriño convida a toda a cidadanía a participar activamente nestas festas, agradecendo a colaboración da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián e de todas as entidades que fan posible esta celebración ano tras ano.