HomeO MorrazoMarínAs mellores smash buguers chegan a Marín do xoves ao domingo, dentro...

As mellores smash buguers chegan a Marín do xoves ao domingo, dentro da programación da campaña de Estrela de Marín

- Anuncio -spot_img

A Burguer Fest, un evento con foodtrucks que ofrecen esta modalidade de hamburguesas, estará instalado no Parque Eguren na tarde-noite do xoves e venres e en horario de comida e cea a fin de semana

O Parque Eguren acollerá do xoves 8 ao domingo 12 de outubro o Buguer Fest, un evento no que as hamburguesas gourmets e a diversión están aseguradas, baixo unha carpa de 1.870 metros cadrados. Esta iniciativa ben da man da asociación de comerciantes Estrela de Marín, que busca dinamizar o comercio nunha fin de semaba chea de actividades, onde se resolverá a campaña do Escaparate Estrela e o Festival Internacional de Maxia Infantil.

Aqueles amantes deste plato poderán degustar ata sete modalidades, coas foodtrucks convidadas ao evento, procedentes de distintos puntos da xeografía española: Arde, La Osa Handmade Burguer, El Rancho de Santa África, ES3 Burguer, Thevizvan e Eivissa. Ademais, os organizadores teñen preparado un sorteo nas súas redes sociais (@laburgerfest) co que se poden gañar 50 burguers gratis.

O horario será, xoves e venres de 19.00 a 00.00 horas e sábado e domingo, de 13.00 e as 00.00 horas.

Publicacións Relacionadas