HomePontevedraAs obras de renovación integral da vía no tramo Redondela-Vigo obrigan a...

As obras de renovación integral da vía no tramo Redondela-Vigo obrigan a peches puntuais dos pasos inferiores

- Anuncio -spot_img

As obras de renovación da rede ferroviaria no tramo entre Redondela e Vigo inclúe actuacións que obrigan a facer cortes puntuais en varios pasos inferiores da vía. As actuacións están programadas na fin de semana de cara a reducir o máximo posible as molestias aos residentes destas zonas afectadas.

Os traballos comezaron a fin de semana pasada na baixada a Vieira, e continuarán a finais desta semana. Está previsto o corte do paso inferior no camiño praia de Rande desde o venres día 12 ás 00:00 da noite ata o luns día 15 ás 06:00 da mañá. Na semana seguinte o no paso inferior da rúa José Fernández e rúa San Telmo, co corte previsto desde o venres día ás 00:00 da noite ata o luns día 22 ás 06:00 da mañá. No paso inferior camiño da Cacharela e camiño do Laranxo o corte previsto será desde o venres día 26 ás 00:00 da noite ata o o luns día 29 ás 06:00 da mañá. O último dos peches previstos será no paso inferior rúa A Riouxa e Baixada dos Ríos, desde o venres día 03 de outubro ás 00:00 da noite ata o luns día 06 de outubro ás 06:00 da mañá.

A empresa responsable das obras realizará comunicacións directas á veciñanza das rúas afectadas e resolverán calquera dúbida aos residentes destas zonas.

Publicacións Relacionadas