HomePontevedraA ParadantaO Concello de Covelo anuncia a súa programación cultural, turística e deportiva...

O Concello de Covelo anuncia a súa programación cultural, turística e deportiva para o verán 2025 e anuncia a XLIV Festas Patronais e do Churrasco 2025

- Anuncio -spot_img

O Concello de Covelo vén de presentar a súa ampla programación de actividades culturais, turísticas e deportivas para os meses de verán de 2025. O calendario inclúe propostas para todos os públicos, nas distintas parroquias do municipio, e destaca pola variedade de eventos de lecer, música, patrimonio, deporte e conciliación familiar.

Entre as actividades máis salientables figuran os concertos do XVII Ciclo de Música Relixiosa, xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos, proxeccións de cine na rúa, actividades infantís dentro do programa “Ler Conta Moito”, roteiros interpretativos, feiras de artesanía e segunda man, observación astronómica e festivais como o XX Festival de Artes Escénicas e Tradicións Populares “Artealdea” en Piñeiro organizado por Artealdea (Gigi). Ademais, manteranse iniciativas deportivas como o Campus Multideporte, a Festa da Bicicleta ou a ximnasia na auga.

No marco desta programación estival, o Concello anuncia tamén a celebración das XLIV Festas Patronais e do Churrasco, que terán lugar os días 24, 25 e 26 de xullo, cunha proposta musical, gastronómica e tradicional que atraerá tanto veciñanza como visitantes.

XLIV Festas Patronais e do Churrasco – Covelo 2025

As festas desenvolveranse na Praza Mestre Cerviño e no Campo da Feira, cunha programación diversa que combina animación infantil, música, gastronomía e celebración relixiosa.

Xoves, 24 de xullo
Ás 22:30 h dará comezo a festa coa Peque Disco Moc Moc & Remember Temazos 90-2000, a cargo de Mere Clown, que ofrecerá un espectáculo con música, circo, malabares e participación do público.

Venres, 25 de xullo
A xornada comezará ás 12:00 h cunha feira de produtos locais e artesanía. Ás 12:30 h celebrarase a misa solemne na honra de Santiago Apóstolo, seguida dunha procesión acompañada pola Banda de Música de Mondariz, que ofrecerá un concerto ás 13:15 h.
A partir das 14:00 h terá lugar a tradicional Festa do Churrasco, cun menú popular a base de churrasco, criollo, pementos, pan e viño, amenizado pola charanga Os Encerellados.
A música continuará pola tarde cos concertos de Los Lunes al Sol (14:30 h) e Óscar Ibáñez & Tribo (17:30 h). A partir das 18:00 h, haberá chouripán cantina do Campo da Feira para a merenda/cena, organizado polo Club Patinaxe Covelo.

Sábado, 26 de xullo
A festa pechará cunha gran verbena a partir das 23:00 h na Praza Mestre Cerviño, coa actuación da orquestra La Nave e un peche musical a cargo do DJ Mesu.

Publicacións Relacionadas