Esa é a principal conclusión da reunión de seguemento mantida entre os colectivos sen ánimo de lucro da nosa vila e as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira
A suba de prezos nótase enormemente nas economías domésticas e, por tanto, na asistencia social. Así o trasladan os representantes das ONGs de Marín (Amenac, Ayuda en Acción Sor Elvira, Cáritas, Cáritas Santomé e o Comedor Social), que mantiveron esta semana unha reunión de seguemento coa concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e a concelleira Mónica Viqueira.
Neste encontro, as ONGs explicaron que se nota a inflación económica tanto no que ten que ver coas persoas usuarias como nas doazóns, que son máis modestas. Ademais de analizar esta situación, no encontro actualizáronse os datos das familias, coa finalidade de evitar duplicidades e optimizar a axuda social que se presta desde as entidades.
Pola súa parte, o Concello adiantou que, ademáis das subvencións nominativas, sufragranse todos os custes de transporte das doazóns que as ONGs reciben do Banco de Alimentos e que xa está tramitada a axuda que fai anualmente a organización Humana de 2.500 euros en materia de limpieza e hixiene personal.
Finalmente, fíxose un balance das actividades solidarias realizadas durante o verán, que resultaron moi positivas, tanto a nivel de recadación de fondos como de sensibilización da cidadanía.

