Peches de tráfico por traballos de pintado en rúas do centro da vila

adminON
Lectura mínima de 1

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá na noite do venres traballos de pintado en pasos de peóns de diferentes rúas do centro da vila. A actuación afecta as rúas Alfonso XII, General Rubín, Ernestina Otero, Paseo da Xunqueira e rúa Mina. Os traballos comezarán o venres día 5 ás 22.00 horas e rematarán na madrugada do sábado ás 04.00 horas. Para acometer as labores de pintado as rúas Alfonso XII e General Rubín permanecerán pechadas ao tráfico nese horario. No resto das rúas haberá cortes puntuais. Desde a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade solicitan a colaboración dos condutores para evitar a entrada e saída dos garaxes destas rúas nese horario, e recomenda utilizar itinerarios alternativos para circular na medida do posible.

Comparte este artigo