ASOMAMOS convoca unha Asemblea Xeral Odinaria

adminON
Lectura mínima de 1

Será o vindeiro sábado pola tarde no Pazo de Mos

ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, informa da convocatoria da súa vindeira ASEMBLEA XERAL ORDINARIA por acordo da Xunta Directiva, e en cumprimento dos Estatutos da Asociación.

Convócase a todos os socios e socias á mesma, aos que se roga máxima participación pola trascendencia da convocatoria.

Esta Asemblea Xeral celebrarase o vindeiro sábado 6 de abril ás 17h en primeira convocatoria e ás 17.30h en segunda convocatoria, no auditorio do Pazo de Mos, co seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, si procede da acta do exercicio anterior
  2. Memoria do exercicio, ano 2023
  3. Aprobación, se procede, do estado de contas do exercicio, ano 2023
  4. Aprobación, si procede, do plan de actividades, para o ano 2024
  5. Aprobación, se procede, dos Orzamentos para o ano 2024
  6. Notificación da incorporación, a Xunta directiva, de un vocal
  7. Rogos e preguntas
Comparte este artigo