Con entrada libre, dará comezo ás 19.00 horas da tarde
ASOMAMOS retoma o seu tradicional Certame de Corais Memorial Constante Lago, que chega á súa décima edición.
A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos organiza este encontro coral que terá lugar o vindeiro domingo, 10 de xullo, a partir das 19.00 horas da tarde no Pazo de Mos.
Ademais da coral polifónica anfitrioa, ASMOMAMOS, actuarán as corais Riomao do Calvario-Vigo e Alborada de Cabral-Vigo.
A entrada será libre e de balde ata completar aforamento.