O Concello de Baiona desexa informar a todos os veciños e visitantes sobre as razóns polas cales non haberá atraccións nas festas patronais deste ano, tanto nas xa celebradas en honra á Virxe do Carmen como nas da Anunciada.
Desde o primeiro momento, o Concello mostrou un claro interese en que os feirantes participasen en ambas as festas. Con este fin, levaron a cabo diversas reunións cos representantes dos feirantes previas ás festas do Carmen e da Anunciada, tendo lugar a última o día 30 de xullo de 2024. Nestas reunións, tentouse chegar a acordos e ofrecéronse múltiples alternativas para facilitar a súa participación.
A pesar dos esforzos realizados por ambas as partes para chegar a un entendemento, non foi posible alcanzar un acordo que garantise a seguridade de todos os asistentes e o cumprimento da ordenanza municipal vixente desde o ano 2012.
O Concello de Baiona recalca: “As liñas vermellas para este equipo de goberno son a seguridade e o cumprimento das obrigacións de pago por ocupación de espazo público.” A estas dúas liñas súmase a protección do patrimonio, xa que se trata dunha zona de especial protección e a zona do Paseo Pinzón, un novo espazo de recreo para a poboación.
Queremos agradecer aos feirantes pola súa disposición para negociar e lamentamos profundamente que non se puido chegar a un acordo que permitise a instalación das atraccións.
Continuaremos traballando para que en futuras ocasións póidanse celebrar as nosas festas con todas as garantías e a participación de todos os actores implicados.
Reiteramos o noso compromiso coa seguridade e o benestar dos nosos cidadáns e visitantes, e agradecemos a comprensión de todos #ante esta situación.

