As praias baionesas aplican as recomendacións de Bandeira azul
Tras conseguir que o 100 % dos areais de Baiona teñan a distinción de Bandeira azul, o concello poñerá en marcha este verán varias das recomendacións de ADEAC, a asociación ambiental que concede as bandeiras azuis e que foron probadas por outros concellos.
Entre as máis importantes temos:
-Praias con zona de sombra para as persoas con mobilidade reducida, é un requisito imperativo por parte de ADEAC, colocaranse na Praia Santa Marta e en Ribeira, na Ladeira non por atoparse dentro da Rede Natura 2000 de protección.
A zona de sombra consiste nun punto accesible cuberto cunha superficie horizontal ríxida de 2,50m de lonxitude e 1,80 m de ancho como mínimo, que permita a estancia de varias persoas usuarias de cadeiras de rodas, e o seu traspaso á cadeira anfibia destinada a facilitarlles o baño.
- Eliminaranse as duchas das praias, mantemento os lavapies, isto débese a que España está a sufrir unha das secas máis intensas e un aumento das temperaturas. As duchas producen un malgaste innecesario de auga doce e a utilización de xeles de baño agriden directamente ao medioambiente do lugar máis utilizado polos veciños durante o verán. Esta medida recoméndaa ADEAC e durante a pandemia demostrouse moi efectiva.
O concello de Sanxenxo que leva varios anos con esta medida, estima o aforro en 3.500.000 de litros de auga por ano.
A auga é un ben escaso, mesmo en Galicia e que debemos protexer.
- As papeleiras estarán instaladas na contorna das praias, pero fóra dos areais. As papeleiras xeran problemas de limpeza, con malos cheiros e lixo que acaba no mar, ademais de que restan espazo aos usuarios das praias. Por iso instalaranse en espazos periféricos, pero fose do areal.
-Mellorouse a actuación fronte á parada cardiorrespiratoria, ao dotar á praia Ladeira dun desfibrilador e dun equipo de osixenoterapia a maiores dos xa existentes debido á lonxitude deste areal..
- Tamén se mellorou a protección da socorristas fronte ao sol, a través de dotarlles de crema solar para previr queimaduras xa que o seu traballo desenvólvese cunha exposición solar durante longos períodos de tempo.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña indícanos: “debemos preservar o noso medioambiente e o bo uso da auga é unha parte fundamental da sustentabilidade”