HomeVigoBaionaBaiona prepárase para vivir un Samaín cheo de maxia e diversión para...

Baiona prepárase para vivir un Samaín cheo de maxia e diversión para toda a familia

- Anuncio -spot_img

O Concello organiza dúas xornadas de actividades gratuítas para toda a familia o 31 de outubro e o 3 de novembro na carpa municipal.

O Concello de Baiona celebrará este ano o BAI SAMAÍN cun programa especial de dúas xornadas cheas de actividades para todos os públicos. A festa terá lugar o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro na carpa municipal, aproveitando que os nenos e nenas non terán clase ese día.

Esta proposta está pensada para ofrecer unha alternativa de lecer familiar e manter viva unha das tradicións máis arraigadas da cultura galega: o Samaín. O Samaín é unha tradición de orixe celta que se celebra en Galicia desde hai séculos e que marca o fin da colleita e o comezo do inverno. Antigamente, críase que nesta noite a porta entre o mundo dos vivos e o dos espíritos quedaba aberta, polo que se iluminaban as casas con caveiras de nabos ou cabazas para escorrentar aos malos espíritos. Co paso do tempo mantívose como unha festa popular que combina misterio, lenda e tradición.

🎃 VENRES 31 DE OUTUBRO – “Pasarémolo de medo”

📍 Carpa do Concello | 🕔 Desde as 17:00 h – Photocalls terroríficos – Animación musical – Laboratorio de bebidas – Pintacaras – Xogos para todos as públicos – Sorpresas e moita diversión

🧙 LUNS 3 DE NOVEMBRO – Día de talleres de Samaín 📍 Carpa da Praza do Concello – 11:00 – 14:00 | Taller de feltro máxico – 17:00 | Taller de cociña terrorífica

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca: “Esta programación busca ofrecer opcións de lecer saudable e en familia, mantendo vivas nosas tradicións e creando momentos para compartir na nosa vila.O Samaín é unha festa que une cultura, historia e diversión, e Baiona vívea cada ano con máis ilusión.”

Pola súa banda, a concelleira de Festexos, Mocidade e Medio Ambiente, Ruth Álvarez González, sinalou: “Preparamos estas actividades con moito agarimo para que os máis pequenos sexan protagonistas. Queremos un Samaín participativo, divertido e aberto a toda a veciñanza. A carpa municipal converterase nun lugar cheo de maxia, risas e algún que outro susto simpático.”

Publicacións Relacionadas