HomeVigoBaionaBaiona receibe a visita de máis de 80 estudantes procedentes de varios...

Baiona receibe a visita de máis de 80 estudantes procedentes de varios paises

- Anuncio -spot_img

A Concelleira de Turismo de Baiona, Sheila González, recibiu este mércores a un grupo de máis de 80 estudantes, procedentes de Exipto, Emiratos Árabes, India, Estados Unidos, Filipinas e Malaisia.

Tras a benvida a Baiona, visitaron a réplica da Carabela Pinta, a Casa da Navegación  e o Centro histórico para dispoñer despois de tempo libre para gozar das praias, o comercio e a gastronomía do municipio.

Hai máis de 10 anos que Baiona recibe aos estudantes estranxeiros, que realizan un curso na Universidade de Vigo, completando a súa formación con actividades turísticas e culturais pola zona.

Publicacións Relacionadas