Baiona recibe no Concello a profesorado participante no programa Observa_Acción da Xunta de Galicia

adminON
Lectura mínima de 1

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, recibiron no salón de plenos do Concello de Baiona a un grupo de profesores do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanto e do CPI Arquitecto Palacios de Panxón que están a realizar xunto con profesorado do CPI de Cova Terreña de Baiona o programa Observa_ Acción da Xunta de Galicia. A delegación de profesores e profesoras acudiron ao consistorio acompañados pola Directora do CPI de Cova Terreña, Isabel Martínez Cabaleiro.

O rexedor deu a benvida aos educadores e educadoras resaltando a importancia destes proxectos educativos: O programa Observa_Acción da Xunta de Galicia ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Comparte este artigo