HomeTabeirósA EstradaBNG pide ao goberno arranxar os problemas da web do arquivo audiovisual...

BNG pide ao goberno arranxar os problemas da web do arquivo audiovisual dos plenos

- Anuncio -spot_img

Xoán Reices: “Hai erros que cómpre subsanar, xa que dificultan a fiscalización dos representantes públicos por parte da veciñanza

O BNG da Estrada, a través do seu portavoz municipal, Xoán Reices pide ao goberno do PP que sexa “máis escrupuloso cos documentos oficiais que ten a disposición na web municipal”.

O concelleiro nacionalista explicou que “desde decembro de 2023 na web están a disposición dos veciños e veciñas os vídeos os plenos, porén non están todos, hai erros que cómpre subsanar, xa que dificultan a fiscalización dos representantes públicos por parte da veciñanza”. “Cremos que a transparencia é importante, e nós non temos nada que agochar, ao contrario; non sei se o goberno si”, pregúntase Reices.

“Hai que ter en conta que as actas dos plenos son documentos oficiais e nelas indícase que o arquivo audiovisual resultante das gravacións das intervencións dos plenos incorpóranse ás actas; sen embargo, ese documento audiovisual en algún caso non está dispoñíbel, e polo tanto hai un erro na acta que é un documento oficial”, afirma Reices. “Isto cómpre arranxalo, unha cuestión na que insistirei no vindeiro pleno”, engade.

“Por outra parte”, explica o concelleiro do BNG, “tamén hai algo que nos chamou a atención e é que os arquivos audiovisuais das actas non se gardan nos servidores do concello ou de A Estrada Dixital, que sería o lóxico; están no servidor da empresa adxudicataria e supoñemos que a cambio dun cota mensual ou anual por este concepto”. “Pedimos o alcalde que aclare esta situación, que desde o BNG entendemos un tanto peculiar”, pide Reices, “queremos saber a razón polo que os documentos audiovisuais non están en servidores do concello, así como o custe do espazo de almacenamento que paga o concello a tiivii.com, pertencente ao grupo CINFO”.

Publicacións Relacionadas