Rematadas as obras da Area Recreativa de Bouza de Miguel
As obras acometidas foron financiadas com cargo a fondos propios do Concello de Arbo e coa achega dunha subvención da Deputación de Pontevedraa
A Área recreativa Bouza de Miguel, situada nun lugar privilexiado dendê donde se pode ver o rio Miño, atrae numerosas persoas deseosas de disfrutar da natureza e o aire libre, un lugar donde os mais cativos poderán realizar todo tipo de atividades ao aire libre e os maiores relaxarse é disfrutar das vistas e a tranquilidade.
O Concello de Arbo coa colaboración da Deputación provincial de Pontevedra acometia as obras de mellora no Parque Forestal “Bouza de Miguel”.
Esta actuacion supuxo unha inversion de 31.212,88 € e a zona obxecto das obras esta situada no lugar de Bouza de Miguel, parroquia de Santa María de Arbo, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra e remataron a passadas semanas.
A mellora do Parque Foresta de Bouza de Miguel, supón unha mellora medioambiental e do uso público do parque Forestal, que permitira aos veciños e veciñas de Arbo unha zona de ocio e para os visitantes que durante o ano visitan Arbo, ter un motivo máis para achegarse a o noso Concello. Así con este fin, no Convenio asinado coa CMVMC establécese unha cesión mínima para o uso xeral de ditos terreos por cinco anos Informa o rexedor do Concello de Arbo, Horacio Gil Exposito.
O Concello de Arbo, asinou un convenio coa Comunidade de Montes en Man Común de Arbo, por ser os propietarios dos terreos, que permite a realización destas actuacións en solo veciñal.
Coa execución realizada preténdese acadar un múltiple obxectivo: a redución do risco de incendi, a mellora da diversidade florística do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga e o uso público, mediante colocación e instalación de diversos elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se sitúa.
Nesta segunda fase proxectouse un novo espazo instalandose un punto de recollida de residuos sólidos, a construción dun Asadeiro, a colocación dunha Fonte, a creación dunha área de aparcadoiro e a Instalación dun Circuíto de Biosaúdables, de características construtivas que os fan integrables neste entorno forestal e a súa promoción coa elaboración de material audiovisual para a promoción do espazo
Na primeira fase, foron entre outras a implantación de medidas fronte os incendios forestais, a plantación de arbores autóctonos, a eliminación das especies seucaliptus en faixas de defensa primaria, a instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….) e a colocación de paneis informativos, o parque Forestal Bouza de Miguel será un Area Recreativa para pasar un día de diversión en Familia – remata o alcalde.