HomeVigoO PorriñoCambios na programación do Entroido 2026 no Porriño

Cambios na programación do Entroido 2026 no Porriño

- Anuncio -spot_img

O Concello do Porriño informa que, ante a inestabilidade meteorolóxica prevista e ao non estar garantido ao 100% que non se produzan precipitacións, e tendo en conta que son actividades que mobilizan a milleiros de persoas, decídese modificar a programación co obxectivo de garantir que todo o traballo, compromiso e ilusión das comparsas, agrupacións e colectivos participantes poida desenvolverse nas mellores condicións posibles.

Falamos de meses de preparación, de moitas horas de ensaios, confección de vestiarios, elaboración de carrozas e coordinación musical. Queremos que ese esforzo colectivo poida vivirse plenamente na rúa, coa participación e acompañamento da veciñanza.

Segundo MeteoGalicia, tanto na tarde de hoxe, martes, como na de mañá, mércores, non se poden descartar posibles chuvascos.

A programación queda reorganizada do seguinte xeito:

  • Toda a programación prevista para o martes 17 trasládase ao sábado 28.
  • Toda a programación prevista para o mércores 18 trasládase ao domingo 1.
  • O Gran Desfile de Comparsas do sábado comezará ás 18:00 h (media hora antes do horario inicialmente previsto).

As novas datas foron fixadas procurando a mellor coordinación cos desfiles doutros concellos da contorna, co obxectivo de facilitar a participación e manter unha convivencia respectuosa entre todas as celebracións.

Esta decisión adoptáse con responsabilidade e tras valorar o conxunto da situación, priorizando o benestar das persoas participantes e do público asistente.

Publicacións Relacionadas