HomePontevedraCampo LameiroCampo Lameiro prepárase para vivir unha noite de misterio e Samaín con...

Campo Lameiro prepárase para vivir unha noite de misterio e Samaín con “Campola-Damedo. onde o medo desperta entre as pedras”

- Anuncio -spot_img

O alcalde e representantes de colectivos e asociacións prepara en segredo as distintas actividades e bromas para o disfrute dos participantes.

O alcalde do Concello de Campo Lameiro,  Carlos Costa, e representantes de colectivos e asociacións do municipio prepara en segredo as distintas actividades e bromas ao que serán sometidas aquelas persoas que se atrevan a participar na primeira edición de “CAMPOLA-DAMEDO: Onde o medo desperta entre as pedras”, que terá lugar este sábado 8 de novembro a partir das 20 horas cun percorrido nocturno terrorífico que se inicia na Praza do Concello.

Os organizadores desta iniciativa apuran os prazos para ter todo preparado e ofrecer un roteiro  cheo de historias onde os espíritos das pedras cobrarán vida entre luces, sombras e sons que farán tremer ata aos máis valentes.

Esta actividade culminará ás 23:00 horas cun Magosto popular, no que veciños e visitantes poderán gozar de música ambiente, lume, castañas e boa compañía, recuperando así unha das tradicións máis queridas do outono galego.

O alcalde, Carlos Costa, salientou “o enorme esforzo e implicación de todo o tecido asociativo de Campo Lameiro, que fai posible un evento que combina o patrimonio cultural co espírito participativo e festivo da nosa veciñanza”. Tamén destacou que actividades como esta “axudan a dinamizar o municipio e a poñer en valor o noso territorio como destino cultural e turístico de referencia”.

A iniciativa conta coa colaboración dun amplo número de entidades locais que unen esforzos para facer realidade este evento e que son o CD Campo Lameiro, B.E.U.C. Campo Lameiro (Banda de Música), Coral Polifónica de Campo Lameiro, Asociación de Mulleres Rurais A Chanciña, Asociación Veciñal A Fardoia de Praderrei, Asociación Veciñal de Fragas, Asociación Xuve-Campola, ANPA Colexio Pedro Antonio Cerviño, Asociación Andaina de Campo Lameiro, Asociación Eido do Cervo, Comparsa Os Solfamidas, Charanga Os Encerellados, Asociación Canto de Taberna Sons do Peto, Sociedade de Caza Refuxio Conla, Asociación Monteiros de Penalba e Asociación Veciñal e Cultural As 9 Aldeas de Couso.

O Concello convida a toda a veciñanza e ao público en xeral a participar nesta noite inesquecible e a vivir a experiencia de “CAMPOLA–DAMEDO: Onde o medo desperta entre as pedras”.

Publicacións Relacionadas