Carlos Núñez volve a Salvaterra de Miño coa xira Lugares Máxicos

adminON
Lectura mínima de 1

Tras o éxito do pasado ano nun concerto que congregou a preto de mil persoas o músico  regresa para presentar o seu novo traballo Celtic Sea. 

Salvaterra de Miño será parada un ano máis da xira “Lugares Máxicos” de Carlos Núñez.  No verán de 2023 o músico galego elixiu o recinto amurallado como escenario para un  concerto que deixou sen palabras ás preto de mil persoas que alí se deron cita.  

Este 2024 Carlos Núñez quen acadou un Premio Grammy, actuou no Carnegie Hall de  Nueva York e no Royal Albert Hall de Londres con artistas como Bob Dylan, Joni Mitchel,  The Who ou Lou Reed entre outros; regresa nun concerto único que será o inicio do  Verán Cultural 2024 de Salvaterra de Miño. 

O artista presenta dentro da xira “Lugares Máxicos” o seu último traballo Celtic Sea e Salvaterra de Miño será testemuña deste concerto que será cita ineludible do verán. As entradas xa están a venda a través da páxina web www.carlos-nunez.com

Comparte este artigo