Home Pontevedra Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

- Anuncio -

– O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con “RESART, residencia de artistas”; a viguesa Porta Aberta con “Munuwa”, e a Asociación Dramatúrxica Pico de Castro, de Foz,que pechará o certame con “O Randiña”.

– A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, sinala que esta programación teatral permite ampliar a oferta cultural á parroquia de Chapela con representacións os sábados días 11, 18 e 25 de xaneiro e o sábado 1 de febreiro. Todas as funcións se representarán no auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela ás 20.00 horas. As entradas son de balde.

A Asociación Cultural e Social de Chapela e o Concello de Redondela presentan un ano máis o ciclo de teatro afeccionado de Chapela. Este ciclo, que cada mes de xaneiro é cita obrigada no auditorio do Piñeiral do Crego, chega xa á súa 11ª edición. A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, sinala que esta programación teatral permite ampliar a oferta cultural á parroquia de Chapela con catro funcións os sábados días 11, 18 e 25 de xaneiro e o sábado 1 de febreiro.

Abre o ciclo o Grupo de Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”. Esta comedia, na que participan unha ducia de actores e actrices, trasládanos ao funeral dun pai de familia. Na xuntanza que fan os seus fillos para repartir a herdanza van descubrir unha sorpresa “para morrer coa risa”.

O sábado día 18 será a quenda do grupo Lúa Chea, de Poio, que representará “RESART, residencia de artistas”. Conta a historia dunha residencia de anciáns que comparten o feito de ter sido artistas. Malia os achaques propios da idade, seguen tendo a ilusión de cantar, bailar, actuar… o que nos ofrece unha comedia ácida sobre o paso do tempo.

“Munuwa”, da compañía viguesa Porta Aberta, chegará ao Piñeiral o 25 de xaneiro. Nesta obra un profesor de mediana idade, Darío, canso da vida rutineira que levaba mantendo coa súa ex-muller, aturando os caprichos do seu fillo adolescente e as burlas do seu mellor amigo, toma a decisión de mudar radicalmente de vida e irse ao outro lado do mundo. Para iso deberá prepararse e introducir nos seus hábitos costumes oceánicas “munúwas”.

A Asociación Dramatúrxica Pico de Castro, de Foz, será a encargada de pechar o ciclo de teatro o sábado 1 de febreiro. Será coa obra “O Randiña”, que recrea as peripecias dun vagabundo, o “Randiña”, no seu afán de evitar que se lle arrebaten o único lugar que considera o seu fogar, un banco de praza. Este singular personaxe fará fronte á indiferenza, o abuso e a marxinación tendo como única arma o seu enxeño.

Todas as funcións se representarán no auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela ás 20.00 horas. As entradas son de balde.

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas e o...

0
COGAMI vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo....

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

O Porriño reunirá a 16 agrupacións no tradicional Certame de Rondallas

0
● Será o domingo 12 de xaneiro a partir das 17:30 h no pavillón municipal Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu...

O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

0
Estará situada o luns 13 de xaneiro na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h O Rosal comeza...

Publicacións Relacionadas