Chega o Nadal ao concello de Arbo

adminON
Lectura mínima de 2
  • Os días 7 e 8 de decembro tes unha cita en Arbo para facer as túas compras
  • Poderás comprar os teus agasallos de Nadal nos postos de Artesanía, antigüidades, asociacións, ONG…. instalados na Praza do Concello.
  • Música e animación infantil complementan a oferta do fin de semana.

A tempada de Nadal xa comezou. As luces de cidades e pobos xa están listas e as panxoliñas ambientan as rúa de toda Galicia. De igual forma, e como é tradición, os Mercadillos do Nadal tamén están listos para ser os grandes protagonistas das próximas semanas, no caso de Arbo ós días 7 e 8 de decembro case unha treintena  de postos volverán encher a Praza do Concello de todo tipo de adornos, desde coroas de flores a grilandas a fervenzas luminosas, figuras de artesanais, antigüidades……

Un dos mellores plans para estas datas é o V ArboNadal donde en un ambiente festivo, poderás comprar con ilusión os agasallos para os nosos seres queridos.

ArboNadal, é un evento organizado polo Concello de Arbo e creado fai cinco anos, co que se pretende promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da nosa vila, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.

Durante todo o día ademais poderás pasear polas rúas de Arbo, facer as túas compras no Comercio arbenses, degustar a gastronomía local e desfrutar da programación infantil e musical .  

PROGRAMACIÓN

SÁBADO 7:

Ás 11:30h.- Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, ONG…

Ás 12:30h. Inauguración  do “Belén de Arbo”, na Praza do Mercado

Ás 16:30h.- Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas

Ás 17:30h.- Visita Persoaxes Disney

Ás 19:00h.- Peche dos Postos

DOMINGO 8:

Ás 11:30h. – Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, ONGs……, na Praza do Concello.

Ás 12:00h.- Actuación do Grupo Folclórico A.C Barca de Loimil.

Ás 18:30h.- Peche dos Postos.

Comparte este artigo