O día 12 de setembro celebrouse as 12:30 horas no salón de plenos do Concello de Salvaterra de Miño o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Salvaterra Emprega IV. Un obradoiro de 9 meses de duración onde 20 persoas desempregadas do concello se formaron nos certificados de profesionalidad de “Actividades Auxiliares en conservación e mellora de montes” e “Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” e o módulo formativo de “Aproveitamentos forestais”. Se realizaron numerosas actuacións de mantemento de xardíns, rotondas, sendas, no parque da Canuda e posta en valor do Monte Castelo e a construcción dun xardín vertical instalado na rúa Miño na ponte do tren, inaugurado o pasado 29 de agosto.
O acto resultou moi emotivo, estiveron presentes o alumnado/traballador, o equipo directivo e docente, a alcaldesa Dna. Marta Valcarcel Gómez xunto co concelleiro delegado de Persoal, vias e obras e o Xefe Territorial da Consellería de Emprego de Pontevedra, Comercio e Emigración, D. José Antonio Rodriguez Fachado, quenes tiveron ocasión de intervir para agradecer o traballo realizado, desexar que esta experiencia vivida e estas formación lles facilite o alumnado un futuro laboral próspero e a felicitación por acadar os obxectivos plantexados, ademáis de visualizar un video-presentación de todas as obras acometidas durante os 9 meses polo alumnado/traballador, onde os protagonistas foron o propio alumnado, así como os bonitos lugares e paisaxes do concello.