HomePontevedraComezan as obras de renovación de camiños en sete parroquias con obras...

Comezan as obras de renovación de camiños en sete parroquias con obras valoradas en máis de 90.000 euros

- Anuncio -spot_img

– Os traballos de acondicionamento e mellora do pavimento realizaranse nun total de oito camiños en Cesantes, Quintela, O Viso, Reboreda, Redondela, Vilar e Cedeira. A renovación vai permitir o asfaltado de máis de 4.700 metros cadrados de camiños municipais. As obras comezarán a próxima semana e estarán rematadas en marzo se as condicións meteorolóxicas o permiten.

– Os traballos inclúen a renovación do camiño Coto do Coello, que dá acceso ao Colexio Vigo. Os traballos inclúen tamén o acondicionamento dunha parcela anexa ao centro, co que se mellorará o aparcadoiro dos vehículos e as manobras nos horarios de entrada e saída.

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, informa que a próxima semana comezarás as obras de acondicionamento e mellora do pavimento en oito camiños municipais de diferentes parroquias. As obras van supoñer o asfaltado de 4.772 metros cadrados de superficie. Construcciones Caldevergazo é a empresa adxudicataria destas obras, por un importe de 91.718 euros que se financian con fondos propios do Concello. Os traballos teñen un prazo de execución dun mes e estarán rematados en marzo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Unha das estradas que se vai renovar é o camiño Coto do Coello en Cesantes, en dous tramos que suman unha superficie de 580 metros cadrados. Acondicionarse cun novo asfaltado coa formación das pendentes axeitadas para a caída das augas pluviais. A estrada dá acceso ao Colexio Vigo, e desde a concellería xa se puxeron en contacto coa dirección do centro para informalos do inicio dos traballos. A petición do colexio tamén se vai acondicionar unha parcela anexa, co que se mellorará a circulación da zona e o aparcamento e manobras dos vehículos nesta zona.

A obra de máis envergadura será a do camiño de Baixada da rúa Campo de Fútbol á rúa Pedro Floriani, en Cesantes, con máis de 1.125 metros cadrados. A superficie de rodaxe desta baixada está moi deteriorada, e os traballos consistirán no reforzo do firme e a pavimentación de toda a superficie. Tamén en Cesantes se vai renovar o camiño Lugar de Vaqueiro, co asfaltado dunha superficie de 220 metros cadrados. Este camiño, con tramos de aglomerado e formigón, está moi deteriorado, polo que se procederá ao seu reforzo e pavimentado cunha capa de asfaltado de 5 centímetros.

Na parroquia de Quintela asfaltarase o camiño Fogueteiro, cunha superficie de máis de 720 metros cadrados. Trátase dun camiño con tramos de aglomerado e formigón que se vai acondicionar cun novo asfaltado coa formación das pendentes axeitadas para a caída das augas pluviais.

No camiño da Carreteira, no Viso, renovarase un tramo de 33 metros de longo que se atopa con fisuras e afundido. Actuarase nunha superficie de 171 metros cadrados, onde se fará un recrecido para nivelar o camiño e posteriormente estenderase unha capa de asfaltado de 5 centímetros.

En Reboreda a actuación centrarase na estrada da Quintana. A mellora do pavimento neste camiño farase nun tramo de 131 metros, que presenta fochancas e fisuras. Os traballos consistirán o reforzo do firme e novo asfaltado nunha superficie de 786 metros cadrados.

No centro urbano de Redondela renovarase o camiño Subida á Estación, tanto o tramo que sube desde a avenida Ernestina Otero, como o que  conecta coa N-552. Son en total 162 metros deste camiño os que se van pavimentar, con novo asfaltado nunha superficie de case 900 metros cadrados.

Na parroquia de Vilar as obras de mellora realizaranse nun tramo do camiño do Cusqueiro, nunha lonxitude de 60 metros que está deteriorada, polo que se procederá ao reforzo do firme co asfaltado dunha superficie de 270 metros cadrados.

Roberto Villar sinala que desde  a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade “estase a avanzar na reparación e mellora das estradas e camiños do municipio, e o obxectivo é seguir nesta liña tanto con fondos propios do Concello como doutras administracións”.

Publicacións Relacionadas