Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Comezan as obras de restauración do Templete da Rede de San Luis

Comezan as obras de restauración do Templete da Rede de San Luis

- Anuncio -
  • Co obxectivo de dignificar como se merece esta obra de Antonio Palacios, a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño impulsaron as obras de restauración, que se adxudicaron por 224.843 euros

O Templete da Rede de San Luis recuperará o seu lustre.

A estrutura deseñada por Antonio Palacios para acceder á estación do metro na Gran Vía en Madrid, construíuse en 1919 e desmontouse en 1970-71, despois de colocarse as escaleiras mecánicas como nova alternativa de acceso. Foi entón cando se enviou ao Porriño, por ser a súa cidade natal e desde entón permanece na contorna do cemiterio municipal. O paso do tempo deixouse sentir no monumento, que presenta na actualidade un mal estado de conservación, ademais de perder no traslado elementos fundamentais, como a marquesiña de cristal.

Co obxectivo de dignificar como se merece esta obra de Antonio Palacios, a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño impulsaron as obras de restauración, que se adxudicaron por 224.843 euros e deron comezo a semana pasada. 

As actuacións previstas inclúen a limpeza e restauración da fábrica de pedra para, despois, realizar un revestimento de granito que permita recuperar o seu aspecto. Ademais eliminaranse os muretes que o delimitan no parque facilitando que sexa accesible desde todas as direccións e proxectarase unha pavimentación con granito azul noite xerando un espazo propio dentro do conxunto do parque.

Cando O Porriño se fixo cargo da obra, na demolición desapareceu a estrutura de metal e o cristal que formaba a marquesiña, quedando só elementos pétreos xunto a outros decorativos como os leóns de cemento.  Por iso o proxecto complétase coa instalación da visera para protexer o monumento das inclemencias meteorolóxicas e dar acubillo a posibles actividades, e un elemento de vidro semellante ao orixinal da parada do metro así como a incorporación dun novo sistema de iluminación de presencia e ornamental.

“A restauración do Templete de San Luis era algo moi demandado pola veciñanza e algo que tiñamos claro que había que acometer, que mellor forma conmemorar o seu 150 aniversario que coidar e poñer en valor o patrimonio que nos deixou ”, explica o rexedor, Alejandro Lorenzo, lembrando que “ao proxecto de restauración súmase o acondicionamento da súa contorna onde se creará un escenario, gradas e un gran área de xogo infantil que conta con chorros de auga”.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas