Home Pontevedra Comezan os cursos de Tai Chi nas parroquias

Comezan os cursos de Tai Chi nas parroquias

- Anuncio -

-A concellería de Maiores pon en marcha un ano máis o curso de Tai Chi que comezarán en outubro nas parroquias. A alcaldesa, Digna Rivas, destaca a importancia de achegar estes cursos a toda a poboación “facilitando que poidan participar deles sen desprazarse da súa parroquia”.

– A concelleira Pilar Martínez convida a veciñanza a participar nestes cursos e beneficiarse desta práctica milenaria que favorece a relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente.

– O prazo de inscrición para estes cursos está aberto do 16 ao 25 de setembro nos rexistros do Concello. As clases son de balde, e comezarán  o 10 de outubro. Impartiranse en Redondela, Chapela, O Viso, Reboreda, Ventosela, Quintela, Cabeiro e como novidade tamén en Saxamonde, Cesantes e Santo Estevo de Negros.

A concellería de Maiores pon en marcha un ano máis os cursos de Tai Chi tanto e Redondela como nas parroquias. O prazo de inscrición para estes cursos está aberto do 16 ao 25 de setembro nos rexistros habilitados do Concello. As clases son de balde, e comezarán  o 10 de outubro. Impartiranse en Redondela, Chapela, O Viso, Reboreda, Ventosela, Quintela, Cabeiro e como novidade tamén nas parroquias de Saxamonde, Cesantes e Santo Estevo de Negros. A alcaldesa, Digna Rivas, destaca a importancia de achegar estes cursos a toda a poboación “facilitando que poidan participar deles sen desprazarse da súa parroquia”. A concelleira Pilar Martínez convida a veciñanza a participar nestes cursos e beneficiarse desta práctica milenaria que “favorece a relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente”.

Esta práctica deportiva, de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite. A práctica do tai chi realizase de pé. Os brazos úsanse para realizar movementos que van desde simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Ademais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Tamén axudan a diminuír a frecuencia cardíaca e melloran a circulación. Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a memoria e os niveis de hipertensión arterial.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas