Xoves 13 ás 20 h. na Biblioteca do IES Valle-Inclán
Con motivo do 75 cabodano da morte de Castelao, o BNG está a desenvolver un amplo programa de actividades para dar a coñecer a a dimensión inmensa de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, destacado artista, escritor, investigador e político, figura clave na historia de Galiza e do nacionalismo galego.
Dentro desta xeira de actividades, o vindeiro xoves, 13 de marzo ás 20 h. na biblioteca do instituto Valle-Inclán de Pontevedra terá lugar unha conferencia de Luís Bará, deputado no Parlamento galego, membro da Executiva Nacional do BNG e destacado investigador sobre a Memoria Histórica, baixo o título “Castelao, na historia e no porvir de Galiza”, no que se reivindicará o seu legado e a súa traxectoria de compromiso co país, que nos deben servir de guía para continuar defendendo os nosos intereses como pobo. A vida de Castelao e a súa obra responden a unha defensa férrea dos dereitos da nosa terra, da nosa lingua e a nosa cultura mais tamén do noso dereito a producir e a construír un futuro mellor, cun obxectivo claro, lograr unha Galiza con capacidade para decidir o seu futuro,.
O acto será presentado por María Xesús López Escudeiro, unha das persoas referenciais na posta en valor da nosa historia e, máis en concreto, do papel silenciado das mulleres, destacando a súa contribución a programas do Concello de Pontevedra, tan novidosos como necesarios, como son a “Memoria das Mulleres” ou “do Gris ao Violeta”.

