Home Pontevedra Concello e UFD analizan investimentos que mellores a calidade do suministro en...

Concello e UFD analizan investimentos que mellores a calidade do suministro en Vilaboa

- Anuncio -

César Poza demanda da distribuidora eléctrica un sistema de comunicación que permita avisar en tempo real á veciñanza de averías ou incidencias

O alcalde de Vilaboa, César Poza, mantivo unha xuntanza de traballo co delegaedo da UFD en Pontevedra, Francisco Ramos para analizar os investimentos na rede de distribución do municipio e traballar conxuntamente na mellora da calidade do suministro.

No encontro abordaronse os recentes investimentos realizados pola distribuidora eléctrica de Naturgy no municipio así como as vindeiras actuacións previstas. A compañía investiu máis de medio millón de euros no centro de transformación de San Adrián de Cobres, cun deseño que permitirá illar parcialmente as avarías da zona do Morrazo. Esta actuación permitiu aplicar novas tecnoloxías para a telexestión dos puntos de suministro, entre outros aspectos que permitirán mellorar a calidade do servizo para as persoas usuarias. Tamén reforzou a rede de baixa tensión no centro urbano de Vilaboa.

UFD instalou novos centros de transformación nas parroquias de Figueirido, Cardiña e Nores e está previsto que se repotencie a zona de Cabadachán e se reforce a rede de baixa tensión de Borrateiros.

Entre os investimentos analizados na reunión de traballo está tamén o soterramento da liña de alta tensión entre Pontesampaio e Cangas, que permitirá eliminar 1.200 metros de tendido aéreo en San Adrián de Cobres, reducindo o impacto ambiental na contorna. Tamén en Santa Cristina está prevista a instalación dun novo centro de transformación. Investimentos todos eles que César Poza prantexa complementar cunha mellora das comunicacións, de xeito que nos momentos de avarías ou incidencias de calquera tipo a veciñanza teña coñecemento en tempo real dos traballos que se están a realizar e dos tempos previstos de reposición do suministro.

César Poza agradeceu á distribuidora eléctrica que atenda as demandas de mellora do servizo xa que Vilaboa é un municipio rural, con moita dispersión, pero que está medrando. “O centro de San Adrián vai beneficiar a toda a zona xa que facilitará reducir considerablemente os tempos de corte en caso de avarías. Avanzamos tamén no fortalecemento dos transformadores en varios núcleos que ofrecerán un suministro de maior calidade”, indica o alcalde.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas