- Soamente poderán participar os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero. No concurso de carteis participarán todos os cursos e no de redacción participarán os alumnos de 3º a 6º de primaria.
- O prazo para a entrega das propostas de carteis finalizará o día 8 de xaneiro de 2025 no Colexio C.E.I.P Antonio Carpinteiro e o 10 de xaneiro de 2025 no Concello de Arbo
O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis e redacción para os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero, con motivo da celebración da “LXV Festa da Lamprea” prevista para os días 25, 26 e 27 de abril de 2025.
O concurso para o alumnado do CEIP, ten como obxetivo achegar a cativada arbense a importancia da lamprea, os viños, o patrimonio, a paisaxe e a relevancia que ten para Arbo a Festa da Lamprea.
Soamente poderán participar os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero. No concurso de carteis participarán todos os cursos e no de redacción participarán os alumnos de 3º a 6º de primaria.
O cartel terá como tema fundamental Arbo, “LXV Festa da Lamprea” gastronomía, paisaxe, patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc. Os materiais a utilizar poden ser Lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc…
A redacción terá como tema fundamental Arbo, “LXV Festa da Lamprea” gastronomía, paisaxe, patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc. Terá unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara.
Outorgaranse dous premios por cada un dos cursos de Educación infantil e dous premios por cada un dos cursos de primaria. Os premios consistiran en material didáctico, xogos, etc …
O prazo para a entrega das propostas de carteis finalizará o día 8 de xaneiro de 2025 no Colexio C.E.I.P Antonio Carpinteiro e o 10 de xaneiro de 2025 no Concello de Arbo