HomeO SalnésCambadosConsellos Parroquiais

Consellos Parroquiais

- Anuncio -spot_img

O BNG porá en marcha os Consellos Parroquiais, sen actividade durante este mandato. Os
consellos parroquiais son órganos de participación veciñal e asociativa das parroquias, e canle de
comunicación co goberno municipal.
Contan cunha vantaxe capital para os veciños; cando un consello o pida, o concelleiro competente
está obrigado a acudir en persona a dar explicacións. Deste modo, os veciños contan cun
instrumento para obter información de primeira man e esixir responsabilidades directamente ao
concelleiro.
O noso programa de Goberno 2023-2027 ten como un dos tres puntos principais a integración das
parroquias na vida municipal. Estes consellos están chamados a ser un dos medios máis útile para
acadar dita integración.

Publicacións Relacionadas