Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Consternación en Cerdedo-Cotobade polo falecemento de Manuel Blanco, ex edil e ex...

Consternación en Cerdedo-Cotobade polo falecemento de Manuel Blanco, ex edil e ex presidente do Tenorio FC

- Anuncio -

• Cubela expresou as condolencias á familia en nome propio e da Corporación e destacou a súa bonhomía e o carácter de referente vital e social para os veciños e veciñas da parroquia da súa parroquia

A veciñanza do concello de Cerdedo-Cotobade recibiu con profundo pesar e consternación a noticia do pasamento de Manuel Blanco Godoy, quen fora presidente do Tenorio FC e concelleiro do PPdeG na Corporación Municipal do Concello de Cotobade no periodo 1983-1995.

As exequias fúnebres terán lugar esta tarde, ás 19 horas, na Igrexa de San Martiño de Bueu e a súa inhumación levarase a cabo no cemiterio municipal deste concello do Morrazo. Manuel Blanco Godoy, aínda que vivía en Bueu onde tiña un taller de barcos, deixou una profunda pegada na súa parroquia, en Tenorio, coa que mantiña claros e continuos vencellos. De feito, na recente inauguración do Centro Sociocultural de Tenorio, Blanco Godoy recibiu o aplauso e o recoñecemento ao seu traballo a prol do deporte no municipio dos presentes neste acto, entre eles o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con quen tivo a oportunidade de intercambiar pareceres.

Blanco Godoy foi un claro referente moral e unha autoridade social na súa parroquia durante moitos anos e o seu compromiso co deporte e co Tenorio FC do que foi presidente fixéronlle tomar parte moi activa na creación do campo de fútbol, incluso con aportacións económicas persoais.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, “Manolo Blanco deixa unha intensa pegada na parroquia de Tenorio e en todo o noso concello pola súa calidade humana, bohomía e amor pola súa terra e a súa xente como demostrou durante os 12 anos que estivo como concelleiro na Corporación e tamén ao fronte do Tenorio FC como presidente. Manolo foi para min e para os seus veciños todo un referente e un home con autoridade moral no seu pobo co que sempre mantivo relación e interese constante, pese a vivir ultimamente en Bueu”, indicou Cubela.

En nome da Corporación Municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela trasladou á familia e amigos o profundo pesar polo falecemento de Manuel Blanco Godoy así como unha aperta solidaria “presidida polo cariño e o recoñecemento público que todo o mundo tiña cara Manolo Blanco non so na parroquia de Tenorio senón en todo o Concello e na nosa comarca. Foi un home bo e xeneroso que sempre estará presente na nosa memoria e na de todo o seu pobo”, sinalou Cubela.

Relacionadas

As historias das monxas de Santa Clara, protagonistas da quinta charla do ciclo de...

0
O coordinador do estudo histórico sobre a orde en Pontevedra, quen sacou á luz a rebelión das clarisas fronte aos franciscanos no XVIII, expón...

A Deputación lanza “Cambiemos o Conto” un concurso de relatos dirixido ao alumnado de...

0
O certame, enmarcado no Manifesto de Soutomaior, premiará aos mellores relatos da ESO, Bacharelato, FP Básica ou Grao Medio que partan da denuncia do...

A Biblioteca Municipal de Nigrán estreará este luns o horario ampliado da sala de...

0
Será a primeira da comarca, xunto a Vigo, en contar cun horario nocturno en datas de especial necesidade para o alumnado, pechando ás portas...

Tomiño, distinguido con catro flores de honra no certame ‘Vilas en flor’

0
É, xunto a Chantada e Allariz, un dos únicos concellos en obter o maior distintivo As intervencións nas rotondas ao abeiro do Cultivando Paisaxes e...

Dura derrota do Sárdoma ante o CE Europa

0
O conxunto vigués encaixou catro goles do seu rival, que non deu opcións ás de David Ferreiro O Sárdoma de Vigo encaixou unha dura derrota...

O Mercado de Nadal inunda coa maxia destas festas o Paseo da Corredoira

0
Abrirá o luns 5 ás 17 h e até o 5 de xaneiro acollerá unha trintena de postos en catro quendas A maxia do Nadal...

Publicacións Relacionadas