Continúa o zafarrancho de limpeza en Eduardo Pondal

adminON
Lectura mínima de 1

A Concellaría de Servizos urbanos básicos, encargada da limpeza viaria, dirixida por Xaquín Moreda continúa  esta semana co zafarrancho de limpeza na rúa Eduardo Pondal dende a rotonda de Doce de novembro até a  rotonda de Augusto García Sánchez, en ambas marxes.  

A limpeza farase na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o  aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados  polo guindastre municipal.  

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na  beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén  dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que  poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Comparte este artigo