Continúan as obras de rehabilitación da antiga Casa da Sociedade de Fornelos

adminON
Lectura mínima de 1

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, xunto co Concelleiro de obras e o presidente da  Comunidade de Montes de Fornelos supervisan as últimas obras acometidas na Casa da  Sociedade de Fornelos.  

Co remate destas accións avánzase na rehabilitación integral do edificio, cun gran valor  histórico e sentimental para esta parroquia, e con fin último de que sexa un punto de  referencia á hora de desenvolver actividades culturais e sociosanitarias para veciños e  veciñas. 

O Concello de Salvaterra de Miño leva varios anos traballando, coa supervisión da  Comunidade de Montes, na posta en valor do seu patrimonio, neste caso con diferentes  accións que permitiron evitar o deterioro do inmoble e a súa rehabilitación con obras  como a reposición do tellado, o encintado e lavado dos muros, illamento do chan interior 

e coa última actuación, a instalación da carpintaría de aluminio.

Comparte este artigo